DESCRICIÓN DO PROXECTO: Mise-en-scène é un insospeitado dispensador de globos que se asume como o centro da acción, envolvendo e convidando aos transeúntes. Presentando unha pel plástica, amorfa e insuflada, a peza desvístese a medida que os globos son retirados, revelando progresivamente a estrutura metálica, en chapa perforada, que lle dá forma. A transformación participativa dun obxecto arquitectónico opaco e disforme nun contrastante xogo de superposición de planos ríxidos pero visualmente permeables ocorre a partir da extracción dos globos dos múltiples orificios existentes na epidermis estrutural. Ao mesmo tempo, dáse a diseminación da intervención polo espazo público, esparcindose nunha mancha de cor pola cidade, que desafia os límites físicos da instalación. Mise-en-scène formalízase pola confluencia de tres escaleiras de catro banzos, dispostas en direccións distintas, nun único punto sobrelevado, creando un pequeno balcón sobre a cidade. Presentando un forte perfil escenográfico, a mutabilidad da peza arquitectónica pode ser apropiada como banco, púlpito, miradoiro, punto de encontro, ou mesmo, escenario privilexiado para os espectáculos da rúa. Concibido como unha peza arquitectónica que pode cambiar de cor e/ou de pel, Mise-en-scène (re)aparecerá no espazo público durante o festival Experimenta Pontevedra cunha reinterpretación cromática e un traxe inflable moi diferentes aos que tivo na súa primeira aparición en Ovar, Portugal.
DIOGO AGUIAR STUDIO é un estudo de arquitectura fundado no Porto en 2016 que traballa nos límites entre arte e arquitectura, desenvolvendo instalacións, proxectos de pequena escala e interiores, oscilando entre contextos públicos e privados.